Unindo profesión e diversión

pitagoras 2
Pitágoras e a relación entre o tamaño das campás e o seu ton

Eu xa utilizo blogs dende hai uns anos. Estes blogs son:

http://matematicaslugofranciscanos.blogspot.com.es, que é o blog para comunicarme cos alumnos e que tento actualizar o máximo posible e http://anxombm.wordpress.com, que teño un pouco abandonado.

Pero neste intre, e aproveitando as actividades deste curso, apetéceme combinar dúas facetas que enchen gran parte do meu tempo: as matemáticas e a música. As mates por profesión e a música por diversión. E por extensión á ciencia en xeral.

¿Que penso compartir co mundo?

  • Un pouco de historia: personaxes relacionados con ambos mundos, aspectos curiosos e influencias en diferentes épocas.
  • Posibles actividades de aula para compaxinar estes dous aspectos (sen entrar na aprendizaxe mediante intelixencias múltiples, se non é preciso).
  • A música e a ciencia en xeral: que aportan as unhas ás outras,…
  • E posiblemente algunha cousa máis.

Como exemplo inicial podemos ver coma os componentes do grupo arxentino Les Luthiers achegan o Teorema de Tales á cultura popular:

Nun post posterior comentaremos, con máis detalle, esta canción e a súa relación coas matemáticas.

Aquí tendes unha páxina coa información sobre Les Luthiers. Espero que vos guste.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s