¿Curando contidos para un blog que fala de matemáticas e da música?

Cando comencei este blog, tiña bastante claro que a procura da información ía ser un problema. O crecemento da actividade en Internet, como podemos ver nos datos para o 2013 (http://ornitorrincodigital.com/2013/01/17/internet-en-2013-cifras-mundiales-de-actividad-y-volumen/), indica que esta tarefa non é doada, e menos cando nos centramos nun tema moi concreto.

Coido que a selección axeitada da información é un paso importante para o desenvolvemento deste blog, e por iso, neste artigo, quero facer unha declaración de intencións sobre os criterios que guiarán a selección para este blog. Para iso non hai mellor xeito que desenrola-los obxectivos de cada un dos pasos da curación de contidos, apoiándome sobre esta explicación do tema:

Procura

Está claro que cando nos enfrontamos a un tema como o que propoñemos neste blog hai moitas dificultades de atopar información, posto que unha procura en GOOGLE tal e como “matemáticas e música”, nos varios idiomas que podemos utilizar, ofrece unha cantidade de información que excede o manexable. Tendo en conta que o tema xeral do blog pódese dividir en subapartados: cancións relacionadas coas matemáticas, actividades de aula nas que se relacionan as matemáticas coa música, a linguaxe musical e as matemáticas, a tecnoloxía que modifica o son,… as dificultades aumentan. Pero sempre hai un chisco de esperanza:

  • http://www.ua.es/personal/SEMCV/canc/canc.htm que permite ter unha primeira aproximación a cancións que incorporan contido matemático.
  • TeacherTube, que permite mergullarse no material que comparten profesores, alumnos e pais, coa dificultade idiomática que pode ter.
  • E, como está claro, Youtube, que permite achegarnos ao mesmo tema dun xeito máis xeral.

Filtración

As ferramentas e páxinas anteriores, ás que podemos engadir, os sospeitosos habituais:

proporcionan demasiada información que hai que filtrar en dous sensos: ¿cal é realmente relevante para todo o mundo?, ¿cal é relevante para que eu tente presentala nas miñas entradas? Está claro que os criterios serán persoais, pero teremos que ter en conta a documentación que aportan as fontes, a claridade organizativa da información proporcionada ou o valor que dentro dos diferentes xeitos de compartir unha nova (Retuits, Me Gusta, …) das diferentes plataformas ten a fonte que imos a utilizar.

Elaboración

Moito do contido atopado a través da rede, independentemente do seu nivel de calidade precisa unha revisión e unha aportación de valor engadido (frase tremendamente económica) que podemos facer dende o noso papel de expertos nun tema concreto.

Como desenvolvemos no post El conjunto de Mandelbrot 1. The Mandelbrot Set Song, a procura dunha canción que trata un tema puramente matemático (O conxunto de Mandelbrot), permite engadir información sobre a parte matemática e construcción deste conxunto, a posible historia matemática que atopamos ao seu redor (persoeiros como Mandelbrot o Poincaré), e deixar abertas oportunidades de traballo futuras.

Esta intervención da persoa diferencia de xeito sustancial as aportacións producidas dende a curación de contidos fronte ás aportacións dos diferentes motores de procura: os enlaces relacionados, a bibliografía proporcionada, a mesma redacción, a participación como experto do curador de contidos, proporciona un peso específico á información que procuramos e que filtramos.

Compartir

Pero todo este importante traballo realizado ata o intre non proporciona información relevante  se non somos capaces de comparti-la información co resto da comunidade que teña interese no tema. É preciso que a través das redes sociais presentemos o resultado do noso esforzo.

No caso que nos ocupa a posibilidade de avisar da publicación da aportación a través de Facebook, Twitter on LinkedIn, permite que audiencia da entrada se multiplique e os grupos que teñen interés no tema podan participar na mellora da entrada a través de comentarios, “Me gusta”, etc.

Avaliar

Relacionado co derradeiro apartado do punto anterior, a realización dunha avaliación, neste caso autoavaliación deste traballo, é un paso que non deberiamos esquecer. O feedback proporcionado por outros usuarios, os enlaces compartidos, as aportacións que poidamos recibir a través da nosa rede persoal de aprendizaxe, servirán para facer unha avaliación formativa dos contidos que propoñemos á comunidade que nos atende.

No meu caso espero que as aportacións inclúan correccións (tanto matemáticas como musicais), novos enlaces a contidos matemáticos e musicais, aportacións multimedia que podan ser comentadas, novos temas a tratar,…

Espero que este artigo anime a todos aqueles que queran axudarme a mellorar este divertimento, a participar de xeito activo na crítica e lectura deste blog.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s