Unha reflexión sobre a miña PLN

Como xa compartín no meu Twitter, teño moi claro que “Para ser un bo profesor, primeiro hai que ser un bo alumno”. (https://twitter.com/anxombm/status/592419812434956290). É certo que os PLN son un xeito importante de aprendizaxe personal, polos seguintes motivos:

  • Alta motivación: porque o tema de interés está marcado polo mesmo suxeito da aprendizaxe.
  • Organización personal do tempo: a planificación está en función dos tempos que poda ou decida utilizar, compatibilizando a tarefa de aprendizaxe con outras actividades personais ou profesionais.
  • Acceso a unha gran cantidade de información: Internet permite a escolma da información que precisamos e as ferramentas de curación de contidos acadan a organización e mellora da información.
  • Posibilidade de compartir a información e traballar de xeito colaborativo: As redes sociais e as ferramentas que  permiten compartir arquivos fomentan a relación entre diferentes profesionais, enriquecendo as ideas e o mesmo proceso de aprendizaxe.

Nembargantes este tipo de aprendizaxe pode resultar complicado de adaptar á nosa laboura educativa: a formación personal pode non reflectirse na nosa laboura diaria:

  • Os obxectos nos que centramos a nosa aprendizaxe non teñen unha correspondencia académica cos intereses dos alumnos.
  • O exceso de información, ainda que sexa seleccionada, pode ser un peso para centrarnos na reflexión que é precisa para o desenvolvemento da tarefa docente.
  • O efecto inicial das gañas de compartir e colaborar pódese diluir co tempo, e pasar a ser anecdótico.

Unha boa análise desta situación atopámola en:

Polo tanto: a idea é aproveitar aquelas ferramentas e conexións que engaden valor ao noso aprendizaxe, á nosa laboura docente e que permiten desenvolver as nosas competencias cara ao traballo no aula. Ademáis, estas ferramentas teñen que ser presentadas aos nosos alumnos, para aumentar as súas competencias dixitais e a súa capacidade de aprendizaxe.

Anuncios